Sesmans é tradición, é elaboración... É coñecemento, é artesanía, é o mellor de hoxe feito coa atención e o agarimo de sempre. É produto que só pode saír das mans expertas do agricultor, do gandeiro, do elaborador, do artesán, do cociñeiro. Utilizando e servíndose das técnicas actuais de produción e cultivo sustentables, cumprindo as normativas máis estritas... Porque Sesmans é tamén investigación, creación, procura: son as
mans que utilizan todo o que está ao seu alcance hoxe para producir alimentos sans e da mellor calidade. En cada produto Sesmans está todo o que buscan aqueles que esixen alimentos saudables, ecolóxicos, que queren saber que son, que conteñen, coñecer a súa orixe... Calidade, honestidade. Nas túas mans: das persoas para as persoas. É Sesmans.

SESMANS COLABORA

Man a man, con Hortus Aprodiscae para a elaboración dos SÓ PRODUTO FRESCO. RECEITAS EXCLUSIVAS. produtos. Sustentabilidade, calidade, ecoloxía… Son valores que están detrás de cada produto Sesmans. Hortus Aprodiscae é un proxecto agro-alimentario ecolóxico dedicado ao cultivo e elaboración de alimentos ecolóxicos, centrado nos valores tradicionais e gastronómicos autóctonos, como a recuperación de variedades locais, e na máxima calidade na elaboración. Das persoas, para as persoas: fomenta a ocupación responsable e xusta, a igualdade de oportunidades, a participación comunitaria e a sensibilización e formación.

SÓ PRODUTO FRESCO

Ingredientes, materia prima. Agricultura e gandería ecolóxicas. A orixe, a proximidade, cun único propósito: ser a mellor garantía de que o produto chega con toda a súa frescura á mesa, aos fogares, a ti.

RECEITAS EXCLUSIVAS.

O noso Chef, especializado en produtos de quilómetro cero, crea as súas receitas a partir dos ingredientes e materias primas seleccionadas por e para Sesmans. Sabores únicos, só en Sesmans, só para ti.

Sensible desde o punto de vista lingüístico (todos os nosos produtos posúen etiquetaxes en catro idiomas), con información detallada da
orixe de cada produto…

Por suposto, todos os nosos produtos contan con certificación ecolóxica. Pero en Sesmans, máis que un selo, iso é unha actitude: esiximos, comprobamos, certifi camos… Somos coidadosos tamén coas intolerancias alimenticias e todos os nosos produtos son aptos para todas elas. Somos tan esixentes coma ti.